miércoles, 22 de diciembre de 2010

OBRADOIROS NADAL 2010

Maquillaxe, papiroflexia, xogo dramático, cociña, manualidades, música, matemáticas, xogos de mesa... e só estamos empezando a xornada


domingo, 7 de noviembre de 2010

MAGOSTO ( III Parte )

E ramate final coa entrega de diplomas , degustación de castanas e participación nos Xogos Tradicionais, propostos dende os ciclos



sábado, 6 de noviembre de 2010

Samain 2010 (II PARTE)

Logo pasamos pola exposición e disfrutamos coa creatividade das familias e do alumnado.


viernes, 5 de noviembre de 2010

UN SAMAÍN/MAGOSTO TERRORÍFICO (I Parte)

Con gran éxito e moito medo participamos hoxe nas celebracións do Samaín e do Magosto.



Nada menos que 133 cabazas formaron parte da exposición impulsada polo Equipo de Dinamización da Língua Galega, que xunto co Equipo de Extraescolares e complementarias e o A.N.P.A., organizaron unha fantástica xornada de convivencia da Comunidade Escolar.



Comezamos visitando por niveis a "Casa do Medo". A pesares da pócima quitamedos, moitos de nós non evitamos un bó susto. ¿Imaxinas vampiros, momias, bruxas... invitándote a tomar chuches "asquerosas"?.


jueves, 4 de noviembre de 2010

LAGO DE CASTIÑEIRAS

Logo das explicacións no Aula da Natureza de Cotorredondo, os seus responsables acompañáronnos no noso paseo ao redor do Lago e seguindo as súas indicacións, tivemos moito coidado coa flora e a fauna que nos atopamos no noso recorrido.
!!Vaia mañán estupenda que pasamos, e cantas cousas atopamos!!



Millo Corvo en Meiro (Bueu)

O pasado Luns 4 de Outubro, os rapaces e rapazas de 3º e 4º tivemos a oportunidade de participar nunha actividade impulsada pola Asociación "MEIRO CORVO" de cuxa páxina extraemos esta información:
"O 'MILLO CORVO' é unha variedade de maíz de cor negra que a Asociación Cultural Meiro recuperou da súa extinción baixo o lema "Rexurdir do millo corvo, testemuña dunha tradición".
Trátase dunha actividade de carácter etnográfico, educativo, cultural e gastronómico que abarca todas as épocas do ano e culmina co Encontro-Degustación do Millo Corvo que se celebra no último fin de semana do mes de marzo".



Nesta ocasión o noso alumnado puido participar na CORTA, EMPALLEIRADO E ESFOLLADA do Millo Corvo e levar as espigas ao hórreo para o seu almacenamento e secado.
Estas espigas permanecerán no hórreo ata o mes de marzo, cando serán moídas no muíño de auga de A Presa para convertirse en fariña e posteriormente en pan.
Moitas grazas as nosas "monitoras" polas súas explicacións.

martes, 9 de marzo de 2010

ENTROIDO 2010

E logo do "mandadiño", botámonos ás rúas, baixo o tema das "CIDADES"