viernes, 5 de noviembre de 2010

UN SAMAÍN/MAGOSTO TERRORÍFICO (I Parte)

Con gran éxito e moito medo participamos hoxe nas celebracións do Samaín e do Magosto.



Nada menos que 133 cabazas formaron parte da exposición impulsada polo Equipo de Dinamización da Língua Galega, que xunto co Equipo de Extraescolares e complementarias e o A.N.P.A., organizaron unha fantástica xornada de convivencia da Comunidade Escolar.



Comezamos visitando por niveis a "Casa do Medo". A pesares da pócima quitamedos, moitos de nós non evitamos un bó susto. ¿Imaxinas vampiros, momias, bruxas... invitándote a tomar chuches "asquerosas"?.