jueves, 4 de noviembre de 2010

Millo Corvo en Meiro (Bueu)

O pasado Luns 4 de Outubro, os rapaces e rapazas de 3º e 4º tivemos a oportunidade de participar nunha actividade impulsada pola Asociación "MEIRO CORVO" de cuxa páxina extraemos esta información:
"O 'MILLO CORVO' é unha variedade de maíz de cor negra que a Asociación Cultural Meiro recuperou da súa extinción baixo o lema "Rexurdir do millo corvo, testemuña dunha tradición".
Trátase dunha actividade de carácter etnográfico, educativo, cultural e gastronómico que abarca todas as épocas do ano e culmina co Encontro-Degustación do Millo Corvo que se celebra no último fin de semana do mes de marzo".



Nesta ocasión o noso alumnado puido participar na CORTA, EMPALLEIRADO E ESFOLLADA do Millo Corvo e levar as espigas ao hórreo para o seu almacenamento e secado.
Estas espigas permanecerán no hórreo ata o mes de marzo, cando serán moídas no muíño de auga de A Presa para convertirse en fariña e posteriormente en pan.
Moitas grazas as nosas "monitoras" polas súas explicacións.